Friday 10 de May de 2024

O Concello de Ordes conmemora con teatro o Día Internacional da Discapacidade


Este mércores a asociación Andaina Pro Saúde Mental representará na Casa da Cultura ‘O mercader de Venecia’. O acto tamén inclúe a lectura dun manifesto e a entrega de agasallos realizados polos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais que se imparte en Mesón do Vento

O vindeiro mércores, 7 de decembro, representarase ás 12 horas no auditorio da Casa da Cultura de Ordes a obra teatral ‘O mercader de Venecia’. Unha osta en escea que forma parte do acto de conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, organizado polo Concello de Ordes.

A cita será de balde e aberta a todas as persoas que queiran acudir. Todas e todos eles poderán disfrutar da adaptación realizada polo actor e dramaturgo Fran Rey, expresemente para ser representada polo grupo de teatro de Andaina Pro Saúde Mental. Unha peza que ben de acadar moi boas críticas despois de que este pasado sábado 3 de decembro, xornada na que se celebrou da maneira oficial o Día Internacional das Persoas con Discapacidades, ofrecesen unha función no centro social de Brión. Cabe lembrar tamén que o ano pasado este mesmo grupo de actrices, actores e director representaran en Ordes ‘Romeo e Xulieta’, cun gran éxito e acollida por parte do público.

Programa variado
O programa para esta xornada tamen contará coa lectura dun manifesto por parte de usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais que o Concello de Ordes leva a cabo dende fai varios anos no Mesón do Vento. Un texto incide na igualdade, aptitude e competencia por parte das persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Ademais dun bo número de estudantes de distintos centros académicos e institutos da zona ese día tamén acudirán á cita representantes da empresa Internaco, a día de hoxe unha das maiores colaboradoras do dito curso; o alcalde de Ordes e a concelleira de Benestar Social, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García Gómez; ademais de membros do Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes, así como outros veciños e veciñas.

A gran parte deles faráselles entrega dun agasallo realizado polos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais. Unha publicación con fotografías e descripcións de todo o realizado ao longo dos seus anos de existencia